Canteira Celeste > Héctor Simón > Páx. 1 | Páx. 2 | Estadísticas | Noticias











Esta xove promesa dos "periquitos" é fillo dun amigo e compañeiro ferroviario de Portbou: Luis Simón. Cando o rapaz tiña 12 e 13 anos foron moitas as veces que xogamos xuntos nas pachangas de verán que botabamos nos vellos almacéns da estación de Portbou. Daquela xa se lle notaba a súa calidade, só lle faltaba ter máis corpo. Tamén hai que dicir que as súas aptitudes futboleiras lle veñen de herdanza: seu pai Luis e seu tío Tino foron grandes xogadores.

Comezou a súa andaina nos benxamíns do Llançà onde xogou ata o primeiro ano de alevín pasando logo ó Perelada quedando campión provincial das categorías alevín, infantil e cadete, conseguindo 29 goles na temporada 95/96, 34 na 96/97 e 36 na 97/98. Do Perelada deu o gran salto pasando ó FC Barcelona (cadete de 2º ano) no que permaneceu un ano na Masía ás ordes de Pedraza, ex xogador blaugrana.

Héctor con Pablo e Alberto.
Barcelona, agosto 1999

Ó ano seguinte xogou no Figueres e de aí pasou ó seu actual equipo: o RCD Espanyol de Barcelona. A temporada pasada alternou as súas actuacións no equipo xuvenil de división de honra e no de 2ª división B. Culminou de forma excelente a campaña 2002/03 proclamándose campión da Copa do Rei en Ponferrada (partido ó que asistimos Román e eu) impoñéndose ó Mallorca por 3-1 e realizando un magnífico encontro.

Nesta campaña Javier Clemente levouno ó 1º equipo e tivo a oportunidade, con 19 anos, de estrearse na máxima categoría do fútbol nacional na primeira xornada ante a Real Sociedade. Segundo declaracións de Clemente foi "un premio á excelente pretemporada realizada por Héctor", e abofé que nos seguirá deleitando co seu bo xogo.

O Espanyol virá a Balaídos alá polo mes de marzo e oxalá que Héctor sexa convocado e poida visitarnos.Gustaríame que poidesemos agasallalo e mostrarlle ocariño da nosa Peña convidándoo a nosa sede e, que aínda que non sexa canteirán do Celta, é un xove valor da canteira do fútbol español... e quen sabe si algún día viste de celeste...¿?

Boa sorte, bona sort, Héctor



Plácido Vázquez
Setembro 2003


<< anterior | seguinte >>