
Héctor Simón Escudero naceu en Llançà
(Girona) o 13 de marzo de 1984.
Mide 176 cm e pesa 73 quilos.
Sobre o campo pode actuar como
meiocampista ofensivo organizador ou de dobre pivote;
a súa característica máis destacada
é a boa visión do xogo
Vai comezar a xogar na escola de fútbol
de Llançà, despois faríao no Perelada,
no cadete B de FC Barcelona e no Figueres.
Na temporada 2002/03 ficha polo
xuvenil do Espanyol e aquel ano proclámase campión
de Liga, sub-campión da Copa de Campións
e campión da Copa do Rei xuvenil en Ponferrada.
En agosto de 2003 e na primeira
xornada ligueira facía a súa estrea na Primeira
División coa camiseta do Espanyol. Saíu
ó campo co dorsal nº 30; foi da man de Javier
Clemente no Estadio de Montjuïc contra a Real Sociedade.
Esa temporada participou en 8 partidos de liga e 1 de
copa (fronte ó Celta en Balaídos).
Na campaña 2004/05, aínda
que adestraba co primeiro equipo, xogou co filial na 2ª
división B.
En agosto de 2005 ante as poucas
posibilidades de xogar na 1ª división co Espanyol
de Miguel Angel Lotina decide ir cedido por un ano ó
Racing de Ferrol, onde pouco a pouco intentar conquista-la
confianza do adestrador.
En decembro de 2005 lesiónase de gravidade
rotura dunha vértebranun accidente
nunha piscina en Tenerife. Tras 26 meses de recuperación
reaparece nun encontro oficial co Espanyol B en febreiro
de 2008.
Xullo 2008: ficha polo Girona FC (2ª división).
En xaneiro de 2009 é cedido á Cultural Leonesa
(2ª B grupo I) ata fin de temporada.
A temporada 2009/10 iníciaa no Girona e
en xaneiro de 2010 ficha polo Benidorm da 2ª división
B (Grupo III).
>> seguinte
|