Voltaba
a competición europea a Balaídos e
pouco cabe sinalar do primeiro encontro tras vencer
por 4-0 ós checos que aguantaron ata o descanso
(1-0) e logo sucumbiron ante a presión céltica.
En Olomouc agradeceuse a vantaxe levada do encontro
de ida: gañaba o Celta por 0-2 e en 18 minutos
recibiu 4 goles. Tras uns momentos de desconcertp
acabaron os vigueses controlando a situación
e pasando á seguinte eliminatoria.
1/32
ida18.10.2001
Celta
3
Slovan L. (CHE)
1
1/32
volta 31.10.2001
Slovan
Liberec
3
Celta
0
Víctor
Fernández non incluíu a Mostovoi nos
descansos das rotacións que viña realizando
e foi decisivo para a victoria anotando os tres
goles celestes. Os checos crearon moitas complicacións
e en varias fases do encontro foron supeirores ós
locais. No encontro de volta vimos ó peor
Celta en moito tempo que foi literalmente borrado
do campo. As aspiracións galegas quedaban
truncadas na presente edición da copa da
Uefa.
Temp.
2002/03 > Copa da Uefa
1/64
ida 10.09.2002
Celta
2
Odense (DIN)
0
1/64
volta 03.10.2002
Odense
1
Celta
0
En
Balaídos non tivo o Celta un día moi
inspirado, circunstancia que aproveitaron os dinamarqueses
xunto ó pesado que estaba o campo polas chuvias
caídas. Catanha e McCarthy marcaron na segunda
parte. O encontro de volta discurríu sen
demasiados problemas para a escuadra celeste xa
que o Odense anotou o seu gol na única ocasión
da que dispuxeron. Catanha faltando 10 minutos para
o remate fallou un penalti.
1/32
ida 31.10.2002
Celta
3
Viking (NOR)
0
1/32
volta 14.11.2002
Viking
1
Celta
1
Pobre
a impresión que deixaron os noruegos en Vigo
que permitiron xogar as súas anchas ó
Celta que sentenciaría a eliminatoria con
tres goles: J.Ignacio, Edúa e McCarthy. O
partido de volta en Stavenger foi un mero trámite
para os vigueses que se adiantaron no marcador con
gol de Mostovoi no primeiro tempo e empatarían
os nórdicos por medio de Signordson no minuto
84.
1/16
ida 28.11.2002
Celtic G. (ESC)
1
Celta
0
1/16
volta 12.12.2002
Celta
2
Celtic Glasgow
1
En
dezaseisavos se medía o Celta ó seu
homónimo escocés e ámbolos
conxuntos ofreceron unha bonita eliminatoria que
se inclinaría hacia os británicos
gracias ó valor dobre dos goles en campo
contrario. Na visita ó Celtic Park non mereceron
a derrota os vigueses e só o goleador sueco
Larsson foi capaz de fura-la meta celeste no minuto
52. Quedaba todo por decidir en Balaídos
que se vistíu de gala para recibir ós
escoceses (e irlandeses) que en grande número
acudiron a Vigo e que deron moito ambiente e colorido
o choque. Pronto se igualou a eliminatoria (22',
Jesuli) pero antes do descanso Hartson empatou cun
gol precedido de falta. Os 53 m. McCarthy faría
o 2-1 pero sería imposible consegui-lo terceiro
tanto que dese o pase ó Celta ós oitavos
da copa da Uefa.