Canteira Celeste > O Celta en Europa > Estadísticas |1971/72 | 1998/99 | 1999/2000 | 2000/01 | 2001/02 | 2002/03 | 2003/04 | 2006/07


O Celta en Europa


Temp. 2000/01 > Intertoto + Copa da Uefa

I N T E R T O T O
1/4
15.07.2000
Celta
3
Pelister (MAC)
2
22.07.2000
Pelister
1
Celta
2
1/2
26.07.2000
Celta
1
Aston
Villa (ING)
0
02.08.2000
Aston
Villa
1
Celta
2
Final
09.08.2000
Celta
2
Zenit
(RUS)
1
22.08.2000
Zenit
2
Celta
2

Para acceder á Copa da Uefa tivo o Celta que facelo a través da Intertoto que obligou a iniciar atemporada moito antes do habitual xa que o primeiro partido se disputou en Balaídos o 15 de xullo. Na primeira ronda correspondéulle o Pelister de Macedonia, equipo que tivo serios problemas para realiza-la viaxe (chegaron a mesma tarde do encontro) e para sufraga-la estadía no hotel. No plano deportivo non foi obstáculo para o Celta que saldou ambos encontros con victoria.

Na segunda ronda nos volvemos a atopar co Aston Villa de Birmingham que tamén quería acceder á Uefa mediante a Intertoto e de paso tomarse a vinganza do sucedido dous anos atrás. O primeiro partido disputado en Vigo saldouse con trunfo celeste con un gol de McCarthy ó remate do encontro. Na volta no Villa Park o Celta cumpríu o expediente e resolveu a eliminatoria vencendo novamente ós ingleses por 1-2 con dous goles de McCarthy.

Quedaba un único escollo: o Zenit de San Petersburgo. Os rusos comezaron gañando no minuto 2 e poñendo costa arriba a eliminatoria. Antes do descanso Karpin empataba o encontro e na segunda metade Juanfran conseguía a exigüa victoria coa que se afrontaría o partido de volta. En S. Petersburgo o Celta pasou moitos máis apuros dos esperados porque no minuto 64 ía perdendo por 2-0. O final foi agónico: Karpin igualaba a eliminatoria no min. 84 e McCarthy no desconto (92') conseguía o primeiro título oficial para os celestes: a copa INTERTOTO.



1/64 ida 14.09.2000
Celta
0
Rijeka (CRO)
0
1/64 volta 28.09.2000
Rijeka
0
Celta
1
No partido de ida o Celta dominou totalmente pero non foi capaz de furar a tupida muralla defensiva dos croatas e quedaba todo por decidir no encontro de volta. O partido de Croacia foi un calco de de Balaídos: dominio total e aplastante do Celta e defensa numantina dos contrarios que conseguiron chegar ata a prórroga. Cando xa se pensaba na lotería dos penaltis fíxose xustiza o transformar Goran Djorovic un golpe franco no minuto 112.

1/32 ida 26.10.2000
E.Vermella (IUG)
1
Celta
0
1/32 volta 09.11.2000
Celta
5
Estrela Vermella
3
O Celta conseguía saír vivo da tremenda presión do Pequeno Maracaná de Belgrado onde a afeción local animou sen parar duante os 90 minutos. O encontro de volta en Balaídos foi unha auténtica festa onde a máquina celeste levou por diante tódalas aspiracións dos balcánicos de pasar á seguinte rolda da competición. Catanha (2), Gustavo López (2) e McCarthy marcaron os goles célticos.


1/16 ida 23.11.2000
Shakhtar D. (UCR)
0
Celta
0
1/16 volta 07.12.2000
Celta
1
Shakhtar Donetzk
0
Acudía o Celta a Ucrania con 8 baixas, 10 graos baixo cero e enfronte tiña a un equipo recentemente apeado da Champions; unha difícil asignatura para aprobar e que rematou con boa nota. En Vigo, nunha noite de temporal que ameazou a suspensión do encontro e a pesares do curto resultado, o Celta foi claro merecedor da victoria e do paso á seguinte ronda.


1/8 ida 15.02.2001
Stuttgart (ALE)
0
Celta
0
1/8 volta 22.02.2001
Celta
2
Stuttgart
1
Pasou menos apuros dos previstos o Celta na visita ó estadio Gottlieb Daimler de Stuttgart onde sacou un bo resultado con vistas ó encontro de volta. En Balaídos era imprescindible a victoria e baixo a dirección de Pierluigi Collina o Celta ós 6 minutos facía o 1-0 por medio de Karpin. Remantando a primeira metade púxose a eliminatoria costa arriba mercede ó gol do empate dos alemáns (45'). Despois dunha segunda parte agónica chegaría o gol salvador de Mostovoi cando só restaban 5 minutos para remata-lo partido. Por terceiro ano consecutivo o Celta alcanzaba os cuartos de final.


1/4 ida 08.03.2001
Barcelona
2
Celta
1
1/4 volta 15.03.2001
Celta
3
Barcelona
2
No partido de ida o Celta soportou o vendaval catalán e conseguíu saír vivo gracias ó gol de Coira que abría as posibilidades para o partido de Balaídos. No Nou Camp os celestes realizaron un meritorio encontro tendo en conta que xogaron 70 minutos cun home menos por expulsión de Vagner. En Vigo o FC Barcelona pasou a eliminatoria sen pena nin gloria gracias ó grande momento de forma que atravesaba a súa figura do momento: Rivaldo. En dúas pinceladas fixo dous goles que apearon ó Celta da copa da Uefa polo valor dobre dos goles en campo alleo; un triste Barcelona víase nas semifinais da competición. Catanha, Gustavo e Mostovoi marcaron polo Celta.

Canteira Celeste > O Celta en Europa >
Estadísticas
|1971/72 | 1998/99 | 1999/2000 | 2000/01 | 2001/02 | 2002/03 | 2003/04 | 2006/07