O primeiro encontro da eliminatoria
da copa da UEFA contra o Aberdeen disputouse en
Balaídos o 15 de setembro de 1971. O estadio,
en noite de agradable temperatura, só rexistrou
media entrada. O Celta presentou a seguinte aliñación:
Gost, Pedrito, Domínguez, Hidalgo, Manolo,
Rivera, Lezcano, Juan II, Xeonllo e Jiménez.
Despois do descanso, Rivas saíu por Almagro,
pasando Rivera a interior e Domínguez a medio.
Non convenceu a arbitraxe do colexiado francés
Robert Ellis, auxiliado polos españois Pascual
Tejerina e Santos López. O partido terminou
coa vitoria dos escoceses (0-2).
Aos 6 minutos da segunda parte, Gost non controlou
un forte disparo de Forrest, o que deu oportunidade
para que Harper enviase o balón ás
mallas. Aos 28 minutos, con ocasión dun saque
de esquina lanzado por Forrest, Rivera intentou
desviar a pelota e introduciuna na súa propia
portería, significando o segundo gol do Aberdeen.
Resultado xusto e que deixou virtualmente sentenciada
a eliminatoria ao ter dobre valor os goles en campo
contrario dentro desa competición. Aos escoceses
acompañoulles a sorte, tendo en conta que
os seus tantos chegaron en dúas accións
desafortunadas do Celta, pero o seu equipo deixou
unha grata impresión en Vigo polo fútbol
conxuntado, veloz, elástico e práctico
que elaborou ao longo dos noventa minutos. O seu
guardameta e o seu central mandaron no área,
os medios realizaron un traballo de control moi
positivo e todos os dianteiros foron peóns
activos en ataque e defensa. Un digno representante
do fútbol británico que non se deu
un segundo de respiro e que logrou o seu obxectivo
de forzar un resultado favorable. O Celta, no seu
debut europeo, bateuse con exemplar bravura e entusiasmo.
Sabía que se xogaba todo en Balaídos
e intentou, dentro do habitual 4-3-3 empregado por
Juanito Arza, forzar o éxito. Moveuse a ritmo
de vértigo, como o seu rival, e tamén
exhibiu un fútbol agresivo e valente, con
algúns perigos para o segurisimo Clark, pero
o infortunio estivo do seu parte nos lances dos
goles e encaixou unha derrota que, como é
lóxico, causou decepción xeral. Nas
súas filas destacaron Rivera, Pedrito, Domínguez,
Manolo e Xeonllo.
Volven gañar os escoceses A
noite do 29 de setembro de 1971 disputouse en Aberdeen
o segundo partido da eliminatoria coa seguinte alineación:
Alarcia, Pedrito, Rivas, Navarro, Domínguez,
Manolo, Lezcano, Juan II, Xeonllo, Almagro e Suco.
Dirixiu o encontro, con autoridade, o colegiado
danés K. Wahlen, e finalizou co resultado
de 1-0 favorable aos escoceses, que se aseguraron
definitivamente a súa clasificación
para a seguinte eliminatoria. O tanto rexistrouse
no minuto 89, marcado por Harper de durísimo
disparo raso. Non se produciu o milagre no campo
do Aberdeen. O Celta, de acordo cos pronósticos,
quedou apeado da Copa da UEFA. Pero sobroulle un
minuto para despedirse no seu debut europeo, cun
honroso empate en Aberdeen. Un resultado ao que
se fixo acreedor polo súa combatividade,
o seu bo xogo do segundo tempo e a excelente actuación
da cobertura, onde o heroe foi o guardameta Alarcia,
quen detivo un penalti lanzado por Harper, aos 14
minutos de partido, e realizou algunhas paradas
excepcionais a remates dos dianteiros escoceses
antes do descanso. Pedrito, outro dos destacados,
puido adiantar ao Celta no marcador tras unha espectacular
galopada pola súa banda, pero o seu fortísimo
disparo respondeu o meta escocés cunha sobresaliente
intervención.
Aquí, pois, pechouse outra páxina
histórica do Celta, a cuarta sen dúbida
en importancia tralo seu primeiro ascenso do 36,
as 18 tempadas que se mantivo inicialmente na División
de Honor e a fazaña de xogar a final da copa
no 48.
Temp.
1998/99 > Copa da Uefa
1/32
ida
15.09.1998
1/32
volta 29.09.1998
Arges Pitesti(RUM) 0 -
Celta 1
Celta 7 -
Arges
Pitesti 0
Partido
de ida. Arges Pitesti - Celta : 0-1.
Partido disputado no Estadio Trivale ante, ante
18.000 espectadores. Vitoria sen moitas dificultades
para o Celta, con gol de Sánchez aos 25 minutos
da primeira parte. Desta forma o Celta deixaba moi
encarrilada a eliminatoria.
Partido de volta. Celta- Arges Pitesti: 7-0.
Estadio Municipal de Balaídos ante 8.000
espectadores. O resultado dio todo. Superioridade
clara do Celta que se impuxo con goles de Penev
(3), Mazinho, Sánchez e Tomás (2).
O Celta pasaba desta forma á 2ª rolda,
ou o que é o mesmo, a 1/16 de final.
1/16
ida 20.10.1998
1/16
volta 04.11.1998
Celta 0 -
Aston Villa (ING) 1
Aston Villa 1 -
Celta 3
Partido
de ida. Celta - Aston Vila : 0-1.
Estadio Municipal de Balaídos ante 28.000
espectadores. Gol de Joachim aos 15 minutos da primeira
parte. Incrible partido do Celta ante un Aston Vila
que veu claramente a encerrarse a Balaídos,
malia que o seu adestrador dixese que a vitoria
fose xusta, cando o Celta dispuxo de numerosas ocasións
como para golear ao Aston Vila, que neses momentos
era líder da liga inglesa.
Partido de volta. Aston Vila - Celta : 1-3.
Vila Park, Birmingham. Sen ningunha dúbida
un dos mellores partidos do Celta en toda a súa
historia. Co 0-1 da ida o Celta tíñao
moi complicado. O Aston Vila non perdera ningún
partido no seu estadio nesa tempada, só recibira
catro goles en liga...pero o Celta puido con todo
isto. No minuto 26, impresionante pase de Mostovoi
a Sánchez, que cruza ante Oakes. Empezaba
o mítico partido do Celta. Pero no 29, un
máis que rigoroso penalti por man de Mazinho
permitía a Collymore empatar o partido. Entón
xurdiu Mostovoi. Impresionante lanzamento de falta,
que bate ao porteiro por baixo e polo seu pau: 1-2.
Pero entón, nada máis empezar a segunda
parte, falta lanzada de nova por Mostovoi, e remate
de Penev para conseguir o 1-3.
1/8
ida 24.11.1998
1/8
volta 08.12.1998
Celta 3 -
Liverpool (ING) 1
Liverpool 0 -
Celta 1
Partido
de ida. Celta - Liverpool :3-1.
Estadio Municipal de Balaídos ante 31.000
espectadores. Outro grandísimo partido do
Celta, aínda que empezou como o do Aston
Vila, adiantouse o Liverpool por medio de Michael
Owen no minuto 37 da primeira. Pero en dez minutos
incribles do Celta na segunda parte deron a volta
ao partido, e o marcador era de 2-1, con goles primeiro
do Zar e logo de Karpin. Xa ao final, Vlado Gudelj
marcou o definitivo 3-1. O público asistente
aquela noite a Balaídos non o cría:
un campión europeo era aniquilado polo Celta.
Partido de volta. Liverpool - Celta: 0-1.
"This is Anfield", en Anfield Road. Unha
das vitorias máis importantes do Celta, que
se impoñía no mítico Anfield
Road de Liverpool, onde só 6 equipos gañaran
antes en competicións europeas, que se di
pronto. Pero o Celta impúxose, de novo cun
xogo espectacular, e gol de Revivo no 57. O marcador
puido ser máis abultado polo gran xogo despregado
polos de Víctor Fernández. A ocasión
máis clara para aumentar o marcador sucedeu
no minuto 90, se o árbitro non anulara un
gol legal a Karpin.
1/4
ida 02.03.1999
1/4
volta 16.03.1999
Ol. Marseille (FRA) 2 -
Celta 1
Celta 0 -
Olympique M. 0
Partido
de ida. Olympique - Celta: 2-1.
O Velodrome, ante 55.000 espectadores. Mal partido
do Celta, que con todo demostrou na segunda metade
que podía pasar a eliminatoria. Primeiro
adiantouse o Marsella con gol de Maurice, tras fallo
de Djorovic. Pero empataría o Celta cun gol
de, como non, Alexander Mostovoi. Tan só
catro minutos despois o Olympique anotaba o segundo,
e o resultado xa non se movería.
Partido de volta. Celta - Olympique: 0-0.
Estadio Municipal de Balaídos ante 33.000
espectadores (cheo). Un partido para esquecer, pero
non polo mal que xogou o Celta, senón porque
o balón parecía non querer entrar.
Ademais, a ocasión final, con centro de Tomás,
e o balón paséase por diante dos narices
do porteiro, e no segundo pau non chegan por pouco
nin Sánchez nin Gudelj. En fin, a mala sorte.
Temp. 1999/2000 > Copa da Uefa
1/64i
16.09
Lausanne
3
Celta
2
1/64v
30.09
Celta
4
Lausanne
0
1/32i
21.10
Aris Salónica
2
Celta
2
1/32v
04.11
Celta
2
Aris
0
Suizos
e gregos tocaronlle en sorte nas dúas primeiras
rondas da Uefa e foron eliminados sen demasiados
problemas aínda que en Lausanne os célticos
perdían por 3-0 no descanso; de forma contraria
ocurríu en Grecia onde se gañaba por
2 a 0 e acabaron empatanto os gregos. Ambas eliminatorias
se solventaron sen maiores sobresaltos con victorias
en Balaídos por 4-0 e 2-0.
1/16
ida 25.11.1999
Celta
7
Benfica
0
1/16
volta 09.12.1999
Benfica
1
Celta
1
O
25 de novembro do 99 será un deses días
que calquer celtista non esquecerá, xa non
só polo partido, senón pola invasión
de afeccionados chegados de tódolas esquinas
de Portugal que viñeron a animar ó
equipo das "aguias". As bancadas de Balaídos
estaban cheas ata a bandeira e o comportamento de
portugueses e célticos foi exemplar. Do partido
pouco cabe dicir despois de ve-lo resultado: o Celta
foi unha apisonadora que humillou o dobre campión
de Europa. Despois do encontro, de certo xeito,
tamén compartimos a pena dos seguidores portugueses
que regresaron ás súas casas desilusionados
pola derrota sufrida. Os 7 goles do Celta percorreron
Europa.
1/8
ida 02.03.2000
Juventus
1
Celta
0
1/8
volta 09.03.2000
Celta
4
Juventus
0
La
"Vecchia Signora" tocoulle en sorte en
oitavos e tamén ía quedar no camiño
do EuroCelta. Darko Kovacevic, agora na Real Sociedade,
respondía "nosotros somos la Juve"
á pregunta de se lles era suficiente o 1-0
do partido de ida. A soberbia do bicampión
europeo caeu polo chan en Vigo onde foron expulsados
Conte e Montero, e Davids perdeu os papeis ante
a marcaxe que lle fixo Makelele. O Celta nunha noite
memorable escribía outra páxina de
gloria no seu historial.
1/4
ida
16.03.2000
Celta
0
Lens
0
1/4
volta 31.03.2000
Lens
2
Celta
1
Novamente
un equipo francés ía frena-las aspiracións
europeas do Celta. O Lens, un equipo sen moitos
recursos, conseguía saír vivo de
Balaídos e no encontro de volta no estadio
Felix Bollaert aproveitou as ocasións e
deixou ó Celta na cuneta, a pesares de
que os vigueses se adiantaran no marcador con
un gol de Revivo e a piques estivo de empatar
2-2 rematando o partido o que lle valería
a clasificación ás semifinais.